sábado, 1 de abril de 2017

Experimentamos coa auga

Aquí vos deixo algunha dos experimentos que estivemos a facer na clase coa auga.








Alba

O luns, preséntovola

Boas tardes imparables,

Que tal? O prometido é débeda, e aquí está a nova entrada no blog.

Hoxe quérovos presentar a Gina, unha planta que, ao igual que Ruperta, ten algo que ensinarnos... pero a simple vista non se pode apreciar.

O luns descubrirémolo!! 😉






Boa fin de semana!!


Alba


jueves, 16 de marzo de 2017

Proba!

Boa tarde imparables!!!

Hoxe expliqueivos na clase como acceder ao noso blog. Para saber os que conseguíchedes chegar ata el, mañá, cando vos pida o "contrasinal", tédesme que chiscar un ollo 😉. Non vos esquezades!

Unha aperta,


Alba

lunes, 13 de marzo de 2017

Benvidos ao noso blog!!!

Comezamos, con moita ilusión, a nosa andadura por este blog os nenos e nenas de segundo de E. Primaria do colexio Juana de Vega. 

Antes de nada, ímonos presentar.

Somos Alma, Martín, Sabela, Carlota, Lucca, Luis, Carmela, Iago, Erik, Iván, Cristina, Sofía, Samuel, Lucía, Noelia, Xiana, Alessandro, Nina, Ismael, Mario, Beltrán e, a nosa mestra, Alba.

De agora en diante, subiremos semanalmente algún dos nosos traballos e contarémosvos o que facemos no noso día a día na escola.

Esperamos que nos leades con moita atención e que vos guste moito,moito,moito!

Unha aperta xigante,

Os imparables de segundo

😛😎😄😆😄😘😅😎😎😏😰😉😈😵🙈😷🙆😖😈😎🙊😊